xoves, 25 de febreiro de 2021

ROSALÍA PEQUENIÑA

Onte, 24 de febreiro, celebrouse o Día de Rosalía. Na aula de 3 aniños estivemos aprendendo moitas cousas sobre Rosalía de Castro e animámonos a decorar unha máscara coa súa cara de pequeniña. A nós encántanos pintar con acuarela, así que decidimos coller os pinceis e mans á obra!! Tampouco podía faltar un pouco de purpurina para o resultado final 😍

Agardamos que vos gustase o noso traballo 😍 a nós encantounos facelo e puxemos nel toda a ilusión do mundo 🌍

Ningún comentario:

Publicar un comentario