xoves, 18 de febreiro de 2021

Na aula de 4 anos imos etudiar...."OS CANS".

Na aula de 4 anos cada día imos máis maiores e temos cada vez máis inquedanzas. Días atrás comenzamos a falar sobre a temática que nos gustaria estudiar. Uns faláronnos dos seus gatiños, outros dos seus cans...,estaba claro que a temática xiraba en torno aos animais. Así que despois de votar, ganaron...."Os Cans". Soubemos que a Zeus, o can de Erik, lle gusta escapar para o monte, Luna, a cadeliña de Nagore dorme nun caseto.... Agora falamos sobre.... QUE SABEMOS DOS CANS? - Van ao monte. - Comen pienso. - Dormen dentro ou fóra da casa. - Xogan con nós. - Están a veces no caseto ou cocho. - Levan unha correa para pasear. - Hai cans bos e malos. - Beben auga. QUE QUEREMOS SABER DOS CANS? - Que comidas lles gustan. - As razas. - Si van ao médico. - Cómo se chama o médico dos cans. - Si hai parques para os cans - Onde viven e con quén viven. - Animais que son parecidos os cans. Unha vez tomou rumbo o noso proxecto decidimos ir á biblioteca en busca de información.
Atopamos diferentes libros os que trouxemos para a clase e decidimos crear o noso recanto dos cans. Temos un libro moi interesante onde atopo información acerca desta especie que moitos descoñecíamos,todos os días aprendemos algunha curiosidade. Atopamos outro libro de mascotas, onde aparece o can entre elas, diferentes contos dun can chamado Lula que lle gusta moito agocharse dentro dos armarios, debaixo das mesas... ao que nos encanta atopalo.....
E así damos por inaugurado o noso proxecto

Ningún comentario:

Publicar un comentario