luns, 22 de febreiro de 2021

Un novo membro na nosa aula

Que sorpresa nos levamos hoxe na aula de 4 anos.!!! Cando a profe nos estaba a ler un conto empezamos a escoitar uns ladridos. O primeiro que nos preguntamos e de donde viñan , parecía que era dentro da aula. Así que empezamos a buscar e.....SORPRESA, " Un canciño agochado entre os nosos xoguetes.
Quitámolo da caixa e traia consigo unha carta.
Puxémonos a ler, e soubemos que é unha cadeliña que vivía na rúa chamada Princesa. Contábanos que a veces tiña frío e non tiña onde durmir, tiña fame e non tiña que comer, ninguén lle daba aloumiños.... Sentíase moi soa e triste. Un día un lobo perseguiuna e correndo chegou ao noso colexio e agochouse dentro da nosa aula onde se quedou durmidiña. Encantaríalle quedar aquí connosco, así que sen dudalo acollémola. Xa somos un máis na aula de 4 anos. E como bos anfitrións buscamoslle de comer, démoslle aloumiños....
Antes de marchar deixámoslle un platiño con galletas por se de noite tiña fame. Comerá todo?
Ah, ocorréronsenos moitas máis cousas que facer con Princesa. Xa vos iremos informando!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario