martes, 17 de marzo de 2020

RETOS SEMANA 1


RETOS SEMANA 1: 16-20 de marzo 2020


* REPASAR A CANCIÓN DOS DÍAS DA SEMANA


* ACTIVIDADE DE LÓXICA-MATEMÁTICA: ASOCIAR NÚMERO-CANTIDADE

Colle un paquete de macarróns, lentellas ou similar que teñas pola casa. Fai diferentes agrupamentos cos números do 1 ao 10. Exemplo: escribe o número 1 e colle 1 lentella/macarrón. Escribe o número 2 e coloca ao seu carón 2 macarróns/lentellas. Fai isto cos números do ao 10.










* ACTIVIDADE DE LECTOESCRITURA

Imos comezar por lembrar os nomes dos teus compañeiros e compañeiras. Escolle catro deles e escríbeos. Cadaquén fará esta actividade na medida das súas posibilidades. Se resulta moi complexo escribilos, as familias podedes escribirlle as letras en papeis individuais para que as coloquen no orden correcto. Lembrade que para isto é importante irlles pronunciando o son de cada unha das letras. Esta actividade tamén se pode realizar recortando letras de revistas, xornais...

Podemos aproveitar para contar cantas letras ten cada nome, cal é o máis longo e o máis curto...

* MANUALIDADE

Busca pola túa casa algún rollo de papel hixiénico. Convidámoste a facer un lapiceiro para ordear o teu material de estudo estes días que imos estar na casa.















* EXPERIMENTO

Seguro que os nenos e nenas de 4 anos, xa coñecedes este experimento: o ovo saltarín. Convidámosvos a que o repitades nas vosas casas para ensinarlle ás familias. Para os demais, só tedes que ver este vídeo moi sinxeliño que vos explica como facelo: https://www.youtube.com/watch?time_continue=120&v=IZJGbA6tSvY&feature=emb_logo

* ACTIVIDADES DA VIDA COTIÁ

     - Vestirse só /soa: preparar a roupa do día seguinte, abotoarse e desabotoarse sós, subir e baixar cremalleiras, poñer os zapatos…

     - Aprender a limpar sós os zapatos: preparar todo o necesario, poñer unha folla de xornal para colocar sobre o chan ou a mesa, un cepillo, un pano limpo e seco e unha pequena lata de cera incolora ou crema de zapatos. Amosaráselle como deben facer para limpar os zapatos. Esta actividade servirá para que os máis pequenos e pequenas aprendan a encargarse dos seu obxectos persoais.

     - Ordenar os calcetíns:  á hora de dobrar a roupa os máis peques da casa pódennos axudar cos calcetíns. A selección é unha actividade que lles gusta moito xa que se corresponde coa súa necesidade  de orde e clasificación. Amosarémoslles que os calcetíns van de dous en dous e podemos falar do que é un par. Ensinarémoslle como teñen que doblalos e deixarémolos sós ante este reto.

    - Clasificar os cubertos: unha vez lavados os cubertos da cociña poderán clasificalos no caixón correspondente, os garfos no apartado dos garfos, as culleres coas culleres….

Moito ánimo con este primeiro reto!

Ningún comentario:

Publicar un comentario