luns, 23 de marzo de 2020

RETO LUNS 23 DE MARZO DE 2020

Ola peques!! Que tal estades? Agardamos que ben, coidándovos moito. Hoxe vimos facervos dúas propostas para traballar as formas xeométricas.

  • LOCALIZANDO DIFERENTES FORMAS: debuxade en diferentes papeis un triángulo, un cadrado, un círculo e un rectángulo. Despois colocade ao seu carón diferentes obxectos que teñades pola casa con esas formas. Pensade ben! Seguro que tedes un montón deles.

  • SEGUE O CAMIÑO: coa axuda dun familiar facede no chan distintas figuras ou símbolos. Logo un adulto faravos un plano de como deberedes seguir a ruta. Por exemplo: empezamos no círculo azul, un paso para adiante e pisamos o triángulo vermello... Deixámosvos un exemplo.
Imaxe extraída de internet

E agora... a xogaaar!!! Lembrade compartir connosco imaxes ou vídeos vosos facendo as actividades. Mandádenolos ao seguinte correo: ospequesdesanluis@gmail.com Graciñas!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario