sábado, 21 de marzo de 2020

NOVA ORGANIZACIÓN DAS ACTIVIDADES

Estimadas familias:
Como vistes, neste blog estamos a publicar actividades, de carácter voluntario, para que teñades alternativas para estes días que estamos na casa. Así podedes aproveitar para xogar cos vosos fillos e fillas, aprender e non perder a rutina diaria.
Ata o momento propuxemos un reto semanal, mais estivemos pensando e… imos cambiar a organización das propostas. A partir de agora, imos subir un reto cada día (no lugar de todos xuntos ao inicio da semana) e queremos manter contacto convosco. Así, deixámosvos o seguinte correo electrónico: ospequesdesanluis@gmail.com. A este correo podedes enviarnos fotos ou vídeos onde se vexa aos nenos/as realizando os retos e nós subirémolas ao blog para que os demais compañeiros e compañeiras de educación infantil poidan vervos. É totalmente voluntario, se non nos enviades non pasa nada, comentaremos os retos á volta na clase. Se queredes, cando volvamos ao cole, tamén podedes traer os debuxos e traballiños que fixestes para poder compartilos cos demais.
Graciñas!! Agardamos que vos esteades coidando moito e que todo vaia o mellor posible.

P.D.: Dende o equipo de biblioteca tamén se están a publicar cousiñas. Para velas podedes acceder ao blog BIBLIOSANLUIS: http://equipobibliosaluis.blogspot.com/

Ningún comentario:

Publicar un comentario