domingo, 8 de marzo de 2020

Dende aquí vexo un camiño...

Como o 24 de Febreiro foi o aniversario de Rosalía e neste curso coincidiu co Entroido, á volta da ponte os nenos e nenas de 4 anos quixemos recordala aprendendo un anaco dun poema seu que nos invitaba a facer voar a nosa imaxinación. 
Un poema que nos tenta a percorrer un camiño descoñecido, unha porta aberta á fantasía que nos atrae moito aos nenos e nenas.
Despois de ler varias veces o poema xogamos a imaxinar a onde nos gustaría que nos levase o camiño: ao país dos dinosaurios, a un monte con animais perigosos, a unha casa nova, a unha cafetería,ao país onde vive Hulk....
Quixemos representar a través do debuxo os nosos camiños e pintámolos con acuarelas, logo veu a parte máis divertida gravar as nosas voces. Velaí vai unha pequena mostra, agardamos que vos guste!!!

Dende aquí vexo un camiño

que non sei adónde vai;
polo mismo que no sei,
quixera o poder andar.
Istreitiño sarpentea
antre prados e nabals
i anda ó feito, aquí escondido,
relumbrando máis alá.
Mais sempre, sempre tentándome
co seu lindo crarear,
que eu penso, non sei por qué,
nas vilas que correrá,
nos carballos que o sombrean, 
nas fontes que o regarán.
Camiño, camiño branco,
non sei para dónde vas;
mais cada vez que te vexo,
quixera poderte andar.
...
                     (Rosalía de Castro)



Ningún comentario:

Publicar un comentario