martes, 31 de marzo de 2020

RETO MARTES 31 DE MARZO DE 2020

Bo martes!! Hoxe é día de rimas. Dicídelle ás vosas familias que vos reciten o seguinte poema
Xoaniña, voa, voa
que che hei dar pan de broa.
Xoaniña, voa, voa
vai e tráeme algunha nova.
Xoaniña, voa, voa
que teu pai vai en Lisboa.

Despois de ler o poema, podemos ver que hai palabras que riman, por exemplo: voa rima con broa, nova e Lisboa. Hoxe teredes que introducir pequenos obxectos e xoguetes nunha caixa que teñades pola casa. Despois de nomealos un por un, debedes atopar cousas que rimen con eses obxectos. Por exemplo: pelota con pota, prato con pato…
Estamos desexando ver as vosas rimas, agardámolas!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario