martes, 24 de marzo de 2020

RETO MARTES 24 DE MARZO 2020

Olaa de novo peques do San Luís!! Hoxe vímosvos propoñer dous xogos diferentes, un para as nenas e nenos de 3 anos e outro para os de 4 e 5 anos.
PROPOSTA PARA 3 ANOS
Pedídelle á vosa familia que vos escriba nun papel o nome das persoas da vosa casa. Logo diranvos algunha das vogais e teredes que localizalas. Por exemplo: busca a letra A.
KAYLA
CARLOS
FAUSTINO

PROPOSTA PARA 4 E 5 ANOS
Esta actividade durará dende hoxe ata o fin do confinamento na casa. Primairamente debedes escoitar o conto El ladrón de palabras accedendo á seguinte ligazón:
https://www.youtube.com/watch?v=-hCmF3uFoEs
E a continuación ímosvos dicir o que hai que facer: fabricar un libro de sons, un xogo moi bonito para elaborar estes días en familia e compartir connosco cando volvamos ao cole. Deste xeito traballaremos a conciencia fonolóxica e a lectoescritura de forma lúdica.
Os materiais que precisaredes son:
  • Fotos, recortes de revistas, xornais ou debuxos de obxectos.
  • Folios ou cartolinas.
  • Lapis.
E como facemos o libro?
  • Ao carón de cada debuxo escribirase a letra correspondente ao seu fonema/son inicial. Por exemplo, se temos a imaxe dunha casa poñeremos ao carón a letra “C”. Se temos a imaxe dun balón escribiremos ao seu carón B ou V, pois aínda que se escribe con B, para os peques ambas letras soan igual.
  • Logo para crear o libro empregaredes un método de encadernación sinxelo con algún material que teñades na casa: anillas, lá, fío, lazo...

A partir disto, tedes múltiples variantes para facer: pensar outra palabra que empece por esa letra, buscar a letra minúscula correspondente, contar o número de letras que ten a palabra que fai referencia á imaxe…
Velaquí tedes tamén un xogo interactivo das vogais en maiúscula e minúscula: https://arbolabc.com/juegos-de-vocales/juguemos-con-burbujas-vocales
Se tedes algunha dúbida podedes escribirnos por correo electrónico. Senón, a gozar aprendendo!! Bo martes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario