luns, 8 de xuño de 2020

RETO 8 DE XUÑO DE 2020

Bo comezo de semana peques!! Que tal estades? Descansastes moito estes dous días? Seguro que si, así que imos comezar a traballar un pouquiño, vale? 😊

Hoxe o reto é moi matemático, así que imos comezar cunha canción sobre os números.




E agora a traballar 💪💪 Velaquí tedes as tarefas de hoxe, diferentes para 3 aniños, 4 e 5.

TAREFAS PARA OS NENOS E NENAS DE 3 ANOS. A vosa tarefa é a seguinte:

Collede 5 tapóns e numerádeos do 1 ao 5 (se non tedes tantos tapóns podedes facer o mesmo con anaquiños de folio). Xogade a colocalos en orde numérica.


Agora podedes escribir estes números nun folio.


TAREFAS PARA OS NENOS E NENAS DE 4 E 5 ANOS. No voso caso, tedes dúas tarefas.

A RECTA NUMÉRICA 
Tedes que coller 9 tapóns e numeralos do 1 ao 9 (se non tedes tantos tapóns podedes facer o mesmo con anaquiños de folio). Con eles ides facer dúas cousiñas:
  • Primeiro colocarédelos en orde numérica.
  • Despois, alguén da familia quitará dúas tapas e vós tedes que adiviñar que números faltan. Repetide isto varias veces con números distintos.



DOMINÓ
Se tedes un dominó na casa, collede algunhas pezas que imos facer pequenas sumas. Se non tedes dominó non vos preocupedes, podedes facer algunhas fichas en cartón ou folio pois soamente as usaremos para que os nenos e nenas vexan representadas as cantidades que teñen que sumar. Facede varias sumas con diferentes números.



Moito ánimo!!! 💪

Ningún comentario:

Publicar un comentario