mércores, 3 de xuño de 2020

RETO MÉRCORES 3 DE XUÑO DE 2020

Ola a todos e a todas!! Grandes, pequenos, adultos e nenos!! Aquí estamos un día máis con outro reto 😊 Lembrades os contos do venres? Un deles chamábase A noite das mudanzas. Velaquí o deixamos para que o escoitedes de novo pois ides ter que responder a unhas preguntiñas:


As preguntas son as que veñen a continuación. As nenas e nenos de 3 anos, responderán de xeito oral e, as nenas e nenos de 4 e 5 anos, escribirán as respostas.

❓ No título do conto dise que é a noite das _______________________

❓ Que animais aparecen no conto? Escribide o seu nome e contádeos. Non esquezades escribir tamén o número.

❓ Onde estaba o porco?

❓ Quen estaba na porqueira?

❓ Quen estaba no galiñeiro?

❓ Quen estaba no curro?

❓ Cantas ovellas había?


Agora que xa rematastes, deixámosvos un cadro de Álex Colville titulado "Stop for cows". Intentade debuxar unha escena similar onde se vexan unhas vacas e unha nena ou un neno. Animádesvos? 💪

Calquera dúbida, preguntádenos 😊 Ánimo!! 😀

Ningún comentario:

Publicar un comentario