luns, 1 de xuño de 2020

RETO LUNS 1 DE XUÑO DE 2020

Bo comezo de semana peques!! Hoxe é o primeiro día do mes de xuño 🌞 e xuño é o mes número 6. Lembrades cales son os doce meses do ano? Ímosvos deixar unha canción de Magín Blanco para que fagades un repasiño.


E agora, se estades listos, comezamos co reto de hoxe 🚀 Imos traballar a medida, animádesvos? Primeiro imos ver un vídeo onde se explica como podemos usar o noso corpo para medir.



Agora, coa axuda da familia, imos medir:

MEDIMOS CO PALMO 
Pídelle a alguén da túa familia que se deite no chan. Emprega o palmo para medir e apunta o número nun papel. Se o prefires, mide unha mesa.

MEDIMOS CO PÉ
Escolle un lugar da casa (habitación, cociña, salón...) e mídeo co pe. Apunta o número nun papel.

MEDIMOS CO PASO
Vai ao corredor ("pasillo") da túa casa e mídeo co paso. Apunta o número nun papel.
Repetide estas tres medicións co palmo, o pe e o paso dun adulto e apuntádeo. Veredes que non é a mesma medida!!
Como acabades de comprobar, medir co noso corpo non é exacto, pois varia en función do noso tamaño. Pero si que existen obxectos para medir que son exactos e universais 🙊 Buscádeos pola casa. Poden ser regras, metros, cintas métricas... Agora probade a medir, por exemplo, unha mesa con cada un deles, veredes que sempre sae o mesmo número 😀

Ánimo!! 💪💪💪

Ningún comentario:

Publicar un comentario