luns, 15 de xuño de 2020

XOGO: O LABIRINTO

Benvidos/as a todos/as a esta última semana de curso!! Como xa as enerxías van a menos nesta recta final e xa traballastes moito moito durante este confinamento, estes días ímosvos deixar uns xoguiños por se vos apetece pasar un cachiño con eles, vale? Xa é momento de afrouxar, así que non tedes que mandar fotos nin vídeos, só se vos apetece 😊

Ademais, ao longo destes días, se vos apetece, podedes enviar algunha receita que vós fagades, algún vídeo con algunha mensaxe para os compañeiros/as ou o que se vos ocorra e vos apeteza compartir connosco 😊

O xogo de hoxe chámase O LABIRINTO.

Primeiro de todo ímos elaborar o material para telo listo para xogar. Como ides facer? Explicámosvos.
  • Cortade rolos de papel hixiénico baleiros cun ancho aproximado de 3,50cm. Tedes que facer 10 anacos.
  • Unha vez tedes listos os 10 anacos, colocádeos e pegádeos dentro dunha caixa de cartón. Asegurádevos de deixar espazo suficiente para moverse o obxecto redondo.
  • Cando xa estean ben pegados, escribide na parte superior das pezas os números do 1 ao 10.
  • Metede dentro da caixa un pompón/bola de papel de aluminio ou calquera outro obxecto redondo.

Deixámosvos unha imaxe e un vídeo para que vos fagades unha idea de como é o xogo.


 Pasádeo ben!! 😊

Ningún comentario:

Publicar un comentario