martes, 2 de xuño de 2020

RETO MARTES 2 DE XUÑO DE 2020

Bo martes peques!! Hoxe é día número dous e, casualmente, tamén o segundo día da semana. Que vos parece se comezamos coa canción dos números? A cantar, que a sabedes!! 😀


Agora imos traballar un pouquiño, imos facer un xogo de emparexar palabras iguais co que traballaremos a discriminación visual. O primeiro que imos facer é preparar dúas tarxetas de cada palabra. Unha vez estean listas, presentránselle ao neno/a todas as tarxetas mesturadas e pediráselle que atope as que son iguais, formando así parellas de palabras. Entendido?

Os nenos e nenas de 3 anos farán as parellas cos nomes da clase en maiúscula: HUGO, CARLOS, KAYLA, ERIK, EBER, DYLAN, MATEO, YERAIK, OMAR, CORAIMA, JULIA, SEYNABOU, YRINA, FAUSTINO, NAGORE, ÓSCAR.



Os nenos e nenas de 4 anos farán as parellas con palabras sinxelas en maiúscula: MAMÁ, PAPÁ, CAN, SOPA...



Os nenos e nenas de 5 anos farán as parellas con palabras sinxelas en minúscula: mamá, papá, mono, can, sopa...


Ánimo!! Que sodes uns campións e campioas 🏆

Ningún comentario:

Publicar un comentario