martes, 9 de xuño de 2020

RETO MARTES 9 DE XUÑO DE 2020

Bo día peques do San Luís!! Hoxe estamos aquí cun novo reto. Estades preparados/as? Se a resposta é si, despegamos!! 🚀 Hoxe a cousa vai de lectoescritura. Imos comezar coa canción do abecedario.

Agora explicámosvos as tarefas de hoxe 😊

TAREFAS PARA AS NENAS E NENOS DE 3 ANOS
Imos construír vogais. O primeiro que imos facer é escribir en anacos de folio/cartón/cartolina as vogais (A, E, I, O, U). Unha vez estean listas meterémolas nunha caixa/bote/bolsa.

As nenas e nenos irán metendo a man na bolsa/caixa/bote e sacarán unha vogal ao azar. Unha vez recoñecen que vogal é, deben reproducila con elementos que temos pola casa: palillos, cores, pasta, follas, flores...

Repetiredes isto con todas as vogais 😊

TAREFAS PARA AS NENAS E NENOS DE 4 E 5 ANOS

Agora escribide unha palabra que comece por cada unha das vogais. Probade a facelo vós sós sen que as vosas familias vos digan que letra vai en cada momento, vale? Se vedes que é algo difícil, dicídelle a quen estea con vós que vos vaia pronunciando cada letra e vós intentaredes adiviñala polo son.

Agora deixámosvos unha ficha interactiva para probar. Primeiro, premede na imaxe para acceder a ela. Comezaredes por pinchar en "leer" para que a vosa familia vos lea o conto ou en "ver en YouTube" para escoitalo en vídeo. Logo facede, no móbil/tablet/ordenador, as tres actividades de comprensión. Son faciliñas 😀 Cando rematedes podedes darlle a "¡Terminado!" e "Comprobar mis respuestas", así sinalaravos en verde o que está ben e en vermello o que está mal.

Moito ánimo!! 💪 e un bico ben grande 💋

Ningún comentario:

Publicar un comentario