Na aula de 4 anos cada día imos máis maiores e temos cada vez máis inquedanzas.
Días atrás comenzamos a falar sobre a temática que nos gustaria estudiar.
Uns faláronnos dos seus gatiños, outros dos seus cans...,estaba claro que a temática xiraba en torno aos animais.
Así que despois de votar, ganaron...."Os Cans".
Soubemos que a Zeus, o can de Erik, lle gusta escapar para o monte, Luna, a cadeliña de Nagore dorme nun caseto....
Agora falamos sobre....
QUE SABEMOS DOS CANS?
- Van ao monte.
- Comen pienso.
- Dormen dentro ou fóra da casa.
- Xogan con nós.
- Están a veces no caseto ou cocho.
- Levan unha correa para pasear.
- Hai cans bos e malos.
- Beben auga.
QUE QUEREMOS SABER DOS CANS?
- Que comidas lles gustan.
- As razas.
- Si van ao médico.
- Cómo se chama o médico dos cans.
- Si hai parques para os cans
- Onde viven e con quén viven.
- Animais que son parecidos os cans.
Unha vez tomou rumbo o noso proxecto decidimos ir á biblioteca en busca de información.
Atopamos diferentes libros os que trouxemos para a clase e decidimos crear o noso recanto dos cans.
Temos un libro moi interesante onde atopo información acerca desta especie que moitos descoñecíamos,todos os días aprendemos algunha curiosidade.
Atopamos outro libro de mascotas, onde aparece o can entre elas, diferentes contos dun can chamado Lula que lle gusta moito agocharse dentro dos armarios, debaixo das mesas... ao que nos encanta atopalo.....
E así damos por inaugurado o noso proxecto