Como sabedes, mañá no blog da biblioteca publicarase un vídeo con motivo da celebración do Día do Libro. Recordade que aínda estades en tempo de mandar as vosas fotos lendo un libro.
Bo día a todas e a todos!! Comezamos coas actividades deste mércores. Lembrades que animaliños tiñamos as profes??
Siii, acertastes! Cans e tartarugas. Gustáronvos??? Estamos seguras de que sí, así que hoxe vimos presentarvos uns cadros onde se ven estes animaliños. Mirade mirade 👀👀


O primeiro cadro é de Romero Britto, seguro que a súa técnica vos recorda a algún corcho que temos pintado no cole, concretamente na clase de 4 aniños. Se premedes na seguinte imaxe, podedes acceder a un vídeo onde vos explica moitas cousiñas deste artista. Seredes quen de atopar nel algún animaliño?
Agora vén o voso traballiño. Convertédevos en artistas e intentade recrear un destes cadros. Podedes utilizar os materiais que queirades: ceras, témpera, acuarela, recortes de revistas, tapóns, area, plastilina… o que se vos ocorra!! Cando os teñades facédenolos chegar, estamos desexando velos 😀😊
Se alguén ten impresora e prefire pintar soamente sen ter que debuxar, deixámosvos estes debuxiños atopados na rede.

"Cada neno/a é un artista" Pablo Picasso
Ningún comentario:
Publicar un comentario