Bo día!! A profe Nuria e o profe César teñen para vós preparadas unhas cousiñas de música e inglés, respectivamente. Velaí van 😊
PROPOSTAS DE MÚSICA
A profe Nuria preparou para vós unha gramola con bailes que coñecedes. Pinchade no enlace para acceder: https://osondosanluis.blogspot.com/2020/05/gramola-os-bailes-do-san-luis.html
Animádesvos a botarlle un baile?? 😍 Enviádenos vídeos para colgalos no blog, así como tamén á profe Nuria para o seu. A ela podedes enviarllos por correo á seguinte dirección: nuriasga@gmail.com
PROPOSTAS DE INGLÉS
O profe César envíavos unhas cancións. Para que vos sexa cómodo atopalas en vindeiras ocasións, quedarán gardadas na marxe dereita no apartado "Cancións". Se clicades sobre esa imaxe, accederedes a elas, así como tamén a un montón de cancións que escoitamos na escola e que vos gustan moito 😊
- Three Billy-Goats
- Goldilocks
- The town mouse and the country mouse
- Aladdin
Ningún comentario:
Publicar un comentario