Bo día pequechiños 😍😍 Que tal estades?? Aaaai.. as profes botamos moito de menos os momentos que compartiamos con vós!! 🙈🙉🙊
Hoxe é o segundo día de traballo sobre Ricardo Carvalho Calero. Neste caso, presentámosvos o cartel 2. Recordade que se pinchades encima del, podedes acceder ao vídeo da súa lectura.
Observastes con detemento a imaxe do cartel?? Se non o fixestes volvede atrás e facédeo, é importante para a actividade que vos imos propoñer a continuación.
Agora, a maiores disto para os nenos e nenas de 4 e 5 anos, imos facer uns problemiñas.
Ánimo peques!! Estamos seguras de que resolveredes o reto de hoxe con éxito 💓
Deixámosvos tamén un contiño titulado Os Bolechas, as miñas primeiras letras. Carvalho Calero. Seguro que aprenderedes un montón de cousiñas sobre el.
Deixámosvos tamén un contiño titulado Os Bolechas, as miñas primeiras letras. Carvalho Calero. Seguro que aprenderedes un montón de cousiñas sobre el.
Por certo, recordade que tedes ata o mediodía para enviar o vídeo para a celebración de mañá do Día da Familia. Os que aínda non o enviastes, estades a tempo 😀
Ningún comentario:
Publicar un comentario