Bo martes a todos e a todas!! Xa estamos no mes de maio ❀❁✿ E como di o refraneiro galego, "en maio, aínda a vella queima o tallo". Sabedes que significa?? Preguntádelle aos vosos avós e avoas, seguro que o saben 😊
Teredes as pilas super recargadas despois destes 4 días, non?? Pois hoxe traémosvos unha proposta de lectoescritura a través da busca do intruso. O primeiro que tedes que facer é observar con detemento as seguintes tiras de animais.
TIRA 1
TIRA 2
TIRA 3
TAREFAS PARA AS NENAS E NENOS DE 3 ANOS
Observade cada unha das tiras anteriores e intentade buscar o intruso. Unha vez localizado, explicade por que vos parece que é ese. Gravade un vídeo coas vosas respostas, estamos desexando velas 😀
TAREFAS PARA AS NENAS E NENOS DE 4 ANOS
Comezade pola tira 1 e escribide o nome de cada un dos animais. Logo observádea con detemento e respondede: Cal pensades que é o intruso? Por que? Unha vez localizado, riscade (tachade) o seu nome.
Facede o mesmo coas tiras 2 e 3. Estamos desexando ver os resultados 😀
TAREFAS PARA AS NENAS E NENOS DE 5 ANOS
Comezade pola tira 1 e escribide o nome de cada un dos animais. Logo observádea con detemento e respondede: Cal pensades que é o intruso? Por que? Unha vez localizado, riscade (tachade) o seu nome.
Facede o mesmo coas tiras 2 e 3. Estamos desexando ver os resultados 😀
Para os de 5 anos, propoñémosvos tamén facer un taboleiro deste tipo:

Que ides facer con el? Localizade a letra minúscula pola que comeza cada unhas das palabras que escribistes anteriormente.
O taboleiro gardádeo, pois serviranos para seguir xogando e recoñecer, pouco a pouco, a correspondencia entre a letra maiúscula e minúscula.

Pode haber varios motivos polo que un dos animais é o intruso!! Ánimoo 😘😘
Ningún comentario:
Publicar un comentario