luns, 11 de maio de 2020

RETO LUNS 11 DE MAIO DE 2020

Bo comezo de semana!! Que tal estades?? Aquí estamos as profes para ocuparvos, un día máis, un pouco de tempo. Hoxe traémosvos un reto de lóxica-matemática que vos fará pensar.

O primeiro que ides facer é observar con detemento o seguinte cadro de Carl Larsson.

Agora deixámosvos as tarefas:

Para os nenos e nenas de 3 anos
Respondede oralmente ás seguintes preguntas:
  • Que vedes no cadro? Onde transcorre a escea?
  • Vedes algunha persoa? Quen? Que fai?
  • Fixádevos ben, cantas vacas vedes?
  • Ademais de vacas, vedes algún outro animal? Cales?

Xa rematastes?? Que rápidos/as!! Agora contade cantos pitiños hai en cada tarxeta e sinalade o número correspondente.

Para os nenos e nenas de 4 anos
Respondede ás seguintes preguntas:
  • Que vedes no cadro? Onde transcorre a escea?
  • Vedes algunha persoa? Quen? Que fai?
  • Fixádevos ben, cantas vacas vedes? Escribide o número.
  • Ademais de vacas, vedes algún outro animal? Cales? Escribide o seu nome.

Xa rematastes?? Que rápidos/as!! Agora contade cantos pitiños hai en cada tarxeta e sinalade o número correspondente.

Para os nenos e nenas de 5 anos

Moito ánimo!! 💪💪

👉ATENCIÓN A TODOS OS NENOS E NENAS DE EDUCACIÓN INFANTIL!! 👈 O venres celébrase o Día da Familia e gustaríanos facer un vídeo chulo para dedicarlles. Animádesvos a participar? Para iso teredes que enviarnos un vídeo. Tedes dúas opcións:

* OPCIÓN 1: Mandarlle un saúdo a alguén que queredes moito e non podedes visitar estes días por mor da pandemia.
* OPCIÓN 2: Dicirnos por que queredes tanto á vosa familia.

Agardamos ter moitos vídeos para terlle unha sorpresa chula chula ás persoas que tanto queremos 💓💗 Podedes enviárnolos dende hoxe ata o xoves á mañá para darnos tempo ás profes a montar o vídeo.

 Biquiños e achuchóns 😘😘😘 E por certo, se vos apetece escoitar un conto, no blog da biblioteca tedes un vídeo do titulado Las jirafas no pueden bailar. Accedede nesta ligazón: http://equipobibliosaluis.blogspot.com/2020/05/las-jirafas-no-pueden-bailar.html

Ningún comentario:

Publicar un comentario