Bo mércores peques!! Hoxe é día de poñerse mans á obra con algunha artistada. Sabedes que imos facer hoxe? Un persoeiro e animalario fantástico. Sabedes que é iso?? Pois veredes, ímosvos explicar.
Buscade pola casa revistas que xa non sirvan. Nelas tedes localizar fotos de persoas ou animais, aos que lle recortaredes a cabeza ou as extremidades. A partir de aí crearedes unha nova personaxe. Que vos parece a idea? Animádesvos?
Outra idea é que, con diferentes partes de animais, fagades animais fantásticos. Poñédelle nome. Sede creativos, tedes moi boas ideas gardadas nas vosas cacholas!! 😍
Velaquí tedes algúns exemplos do que podedes facer:
Ahhh!! Se non tedes revistas á man podedes facer o mesmo debuxando 😊 Mesturades diferentes partes de animais, pensades un nome e... uácala!! Un animal fantástico teredes creado 😀 Poñédelle nome e escribídeo. Nós aos anteriores chamariámoslles "GATUCÁN" e "VACACORNIO".
Isto mesmo podedes facer de forma dixital a través da seguinte ligazón: https://switchzoo.com/zoo.htm
Isto mesmo podedes facer de forma dixital a través da seguinte ligazón: https://switchzoo.com/zoo.htm
Moitos biquiños 😘😘 agardamos ansiosas as fotos das vosas creacións 📷📷
Ningún comentario:
Publicar un comentario