martes, 21 de abril de 2020

RETO MARTES 21 DE ABRIL DE 2020

Bo día peques!! Chegou o día da sorpresiña. Que será, será??? Ímosvos contar. Hoxe traémosvos uns vídeos das profes onde vos presentamos as nosas mascotas. Queredes coñecelas?? Pois mirade mirade 👀

Adai e a profe Vero


Estreliña, Beluga e a profe Patri


Bacoco e a profe María

Que vos pareceron as nosas mascotas??

Agora vén o voso traballiño. Enviádenos un vídeo onde nos presentedes a vosa mascota. Se non tedes ningún animaliño na vosa casa non vos preocupedes, podedes explicarnos algún da casa dos vosos avós e avoas, dalgún familiar ou explicar que animaliño vos gustaría ter.

Por último, como o xoves 23 se celebra o Día do Libro ímosvos pedir que nos mandedes unha foto vosa lendo un libro, así poderemos facer un vídeo para subir ao blog da biblioteca.

Biquiños peques 😘😘

Ningún comentario:

Publicar un comentario