xoves, 23 de abril de 2020

RETO XOVES 23 DE ABRIL DE 2020

Bo día peques!! Sabedes que día é hoxe??? Xoves 23 de abril e celébrase o Día do Libro, así que traémosvos unha sopresiña!! As profes animámonos a facer un contacontos virtual para vós. Mirade mirade 👀👀

Conto "A qué sabe a lúa?"


Conto "O segredo do rei Curro"


Conto "Si yo tuviera una púa"

Gustáronvos os contos?? Algúns de vós seguro que xa os coñeciades pois contámolos no cole.

Agora vén o voso traballiño, desta volta diferente para 3, 4 e 5 aniños:
Tarefiña para 3 anos:
Elixide un dos tres contos e facede un debuxo del.

Tarefiñas para 4 anos:
Elixide un dos tres contos e facede un debuxo del. A maiores escribide o seu título e o nome de dúas personaxes.

Tarefiñas para 5 anos:
Elixide un dos tres contos e facede un debuxo del. A maiores escribide o seu título e o nome de todas as personaxes. Lembrade poñer no folio ou a libreta a data de hoxe en calquera dos seguintes formatos:

     Xoves 23 de abril de 2020

     23-04-2020

Ánimo!! Seguro que vos resulta doado o traballiño de hoxe.

Por último, gustaríanos convidarvos a que miredes o blog da biblioteca, concretamente a entrada de hoxe. Nela atoparedes algunha manualidade para facer con rollos de papel hixiénico, así como un vídeo de lecturas compartidas no cole e das vosas lecturiñas dende a casa. Accedede a partir da seguinte ligazón (está abaixo de todo):
http://equipobibliosaluis.blogspot.com/2020/04/dia-internacional-do-libro.html

Ningún comentario:

Publicar un comentario