xoves, 30 de abril de 2020

RETO XOVES 30 DE ABRIL DE 2020

Bo día a todas e a todos!! Que tal estades?? Chegamos ao final desta semana pois mañá é festivo. Entón... preparados/as, listos/as, xaa!! Arrincamooooos.

Hoxe imos comezar practicando un pouco a nosa motricidade fina. Como o imos facer?? A través da elaboración de colares e pulseiras.

Precisades:
  • Macarróns de tubo, caracois... ou similar, o que se vos ocorra: anaquiños pequenos de palliñas...
  • Un fío, lá ou cordón.

Que tedes que facer? Ensartar os macarróns ou similar no fío, lá ou cordón. Deixámosvos un exemplo para que collades ideas. Podedes facer tanto pulseiras como colares.

















Despois disto, imos darlle un pouco de tranquilidade ao corpo a través dunha actividade de relaxación que imos chamar "o barco de papel". Coa axuda dalgún membro da túa familia, fai un barco de papel, píntao e decórao como queiras. No seguinte vídeo podes ver como facer o barco:


Agora déitate no chan boca arriba e coloca o barco na túa barriga. Inspira e expira, verás como se move o barco como se estivese no mar. Repite isto varias veces, verás como se relaxa o corpo.

Xa para rematar, deixámosvos un contiño para a fin de semana. Neste caso, O coelliño branco. Se vos apetece podedes facer un debuxo del e escribir o seu título.


E se vos apetece ler un poema titulado "A casa", consultade o blog da biblioteca: http://equipobibliosaluis.blogspot.com/2020/04/poema-casa.html. É tan sinxeliño como bonito 😊 moi adecuado para estes días que tanto pasamos nos nosos fogares.

O luns sería un dos festivos escollidos polo centro, así que esta será unha fin de semana looooonga. Vémonos de volta o martes 😘😘😘😘

Ningún comentario:

Publicar un comentario