venres, 3 de abril de 2020

RETO VENRES 3 DE ABRIL DE 2020

Bo día peques!! Hoxe traémosvos un experimento para saber se determinados obxectos flotan ou se afunden. Atrevédesvos a comprobalo???

Necesitaredes:
  • Unha palangana.
  • Diversos obxectos que podedes buscar pola casa: un tapón de cortiza, outro de plástico, unha pedra, unha culler, unha peza de froita... ou calquera outro que se vos ocurra.
Como o ides realizar?
Paso 1: Enchede a palangana de auga ata a metade.
Paso 2: Distribuíde os obxectos pola mesa e elixide un.
Paso 3: Metede o obxecto na auga e observade que pasa: flota?, afúndese pouco a pouco?, afúndese rápido? Podedes deducir o motivo polo que pasa iso, se é porque se trata dun obxecto pesado ou lixeiro.
Paso 3: Realizade o mesmo co resto de obxectos.
Pin en Jardin
Imaxe extraída de https://salaamarilla2009.blogspot.com/2013/01/experimentos-con-agua-flota-o-se-hunde.html?m=1
Enviádenos algún vídeo ou foto da vosa experiencia, seguro que vos vai encantar!! Xa nos contaredes.

Dende hoxe ata o luns 13 (incluído) estaremos de vacacións de Semana Santa, mais serán unhas vacacións un tanto distintas onde debemos facer plans en familia sen saír da casa. Estaremos pendentes das instrucións que vaia dando o Goberno sobre a situación que estamos a vivir. Calquera novidade xa vola comunicamos por aquí.
Moita forza e coidádevos moito!! Biquiños 😘😘

Ningún comentario:

Publicar un comentario