mércores, 29 de abril de 2020

RETO MÉRCORES 29 DE ABRIL DE 2020

Bo mércores!! Que tal estades? Que tal levades o de poder pasear un pouquiño? Xa só quedan 2 días de tarefas esta semana pois o venres é festivo. Se xa estades listos… comezamos!!

Hoxe ímosvos presentar un cadro. Sen facer trampas (que sodes moi pillíns e pillinas 😉😉), tedes que pensar que vedes en cada unha das imaxes seguindo a orde na que volas presentamos. Deixámosvos unhas preguntas que vos axudarán.




Agora xa podedes mirar 👀 este é o cadro completo. Sabedes quen o pintou?? Leandro Lamas, un pintor, ilustrador, actor e director teatral galego. O seu estilo artístico coñécese como naïf e caracterízase polo emprego de moita cor. Verdade que é un cadro moi alegre???

Como podedes ver, mestura un pouco de realidade con cousas máis irreais pois... vos vistes algunha vez un gatiño con ese bigote?, ou algún gatiño desas cores? Seguro que non, pero Leandro Lamas deixou voar a súa creatividade e imaxinación á hora de facer esta obra tan fermosa. Deixámosvos unha imaxe del para que o coñezades.


Agora vén o voso traballiño. Intentade recrear o cadro. Lembrade que podedes plasmar nel as vosas ideas, facer cambios de cores, aumentar ou reducir o número de gatiños, debuxarvos a vós na fiestra... un montón de ideas que seguro se vos ocorren!! Enviádenos fotos das vosas artistadas 📷📷 estamos desexando velas!! 😍😍

Agora deixámosvos un vídeo de curiosidades dos gatiños. Estade atentos, así aprenderedes moitas cousas sobre Maruja, a mascota de Hugo H.


Biquiños a todos e a todas 😘😘 mañá máis!

Ningún comentario:

Publicar un comentario