venres, 17 de abril de 2020

RETO VENRES 17 DE ABRIL DE 2020

Bo venres peques!! Xa chegamos ao final desta semana. Hoxe propoñémosvos un xogo chamado “o xogo do gusto”. Adiviñades de que trata? Ímosvos explicar:


Necesitades:
  • Unha bandexa.
  • Tarros ou vasiños pequenos.
  • Diferentes alimentos: froita fresca, chocolate, verduras, copos de cereais, queixo… ou o que se vos ocorra.
  • Uns escarvadentes, culler, garfo... para coller os alimentos.
  • Un pano de papel.
  • Unha venda, bufanda... para tapar os ollos

Que tedes que facer?
  1. Cubride a bandexa cun pano de papel.
  2. Distribuíde os distintos alimentos polos vasiños. Colocade os vasiños e os escarvadentes na bandexa.
  3. Agora con algún membro da vosa familia xogade a probar os alimentos e a adiviñar cal é cada un.
Agardamos os vosos vídeos e fotos!! 📷📷 A ver que tal anda o voso sentido do gusto 👅.


Como xa é venres, imos manter a costume de levar para a casa un libro de empréstito. Nesta ocasión vai ser de forma virtual. Deixámosvos o conto “La vaca que puso un huevo”. Premede na imaxe para acceder a el. A gozar da súa lectura!


Boa fin de semana!! 😘😘

Ningún comentario:

Publicar un comentario