mércores, 15 de abril de 2020

RETO MÉRCORES 15 DE ABRIL DE 2020

Bo mércores!! Hoxe traémosvos unha actividade que seguro vos gusta moito. Trátase de formar figuras xeométricas. Ímosvos explicar como.

Precisaredes:
  • Escarvadentes ou paus de pinchos morunos.
  • Plastilina ou similar.

Como ides facer? Tedes que intentar construír as seguintes figuras.


Animádevos a enviarnos fotos do resultado e vídeos facendo nas figuras 📷📷 Estamos desexando velas!! 👀 Lembrade dicirnos que tipo de figura é cada unha das que construístes 🔺೦ ᥇ Tamén podedes poñer en marcha a imaxinación e facer outras figuras ou construcións que se vos ocorran.

Ánimo peques!! Será moi divertido 😀😊

Ningún comentario:

Publicar un comentario