venres, 22 de maio de 2020

RETO 22 DE MAIO DE 2020

Bo día!! Nun abrir e pechar de ollos chegamos a venres 🙊 E como aínda non rematamos o repaso polos carteis das Letras Galegas, aí vai o cartel 8.

Hoxe imos facer unha obra de arte, un debuxo da cara de Ricardo Carvalho Calero. E como non podía ser doutro xeito, don Ricardo tamén se ten que adaptar ás circunstancias.

Primeiramente imos lembrar as partes da cara con esta canción.


Agora, mirando pola seguinte imaxe, idea do Reizentolo, debuxade a don Ricardo. Non vos esquezades de poñerlle a máscara, é moi importante para protexerse!!


--------------------------------------------

E agora como é venres, tocan uns contiños para a fin de semana. Orellas escoitando? Ollos abertos? Cu sentado? Mente aberta para imaxinar? Se está todo listo, comezamos cos contos 😀

Carapuchiña vermella💃


Hay una dragona en tu libro🐉


Unha vella e un vello🐀🐁
 


Boa fin de semana 😘😘😘 Vémonos de novo o luns!! 💕

Ningún comentario:

Publicar un comentario