venres, 15 de maio de 2020

RETO VENRES 15 DE MAIO DE 2020

Bo día!! Xa estamos a venres, o quinto e último día da semana que "imos ao cole". Agora veñen por diante dous días para descansar un pouquiño 😊

Hoxe ímosvos presentar o cartel 3 da exposición que titulamos Recordando Carvalho Calero. Recordade que se premedes na imaxe accededes ao vídeo 📷📹📺


Gustouvos? Seguro que ides aprendendo pouquiño a pouco algunha cousiña nova sobre o autor 😊

Aquí veñen as tarefiñas de hoxe. Esta actividade estaba pensada para facer no cole e empregariamos o Ozobot que é un dos robot que temos na biblioteca. Nas vosas casas facédeo de forma oral ou escribindo as palabras, como prefirades.


--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Como xa sabedes, hoxe é o Día da Familia, asi que temos un vídeo preparado para vós. Agardamos que vos guste moito, está feito con moito cariño 💓 


Hoxe máis que nunca é o voso día, un día de celebración pola fermosa familia que cada un de vós formades pero tamén un día para recoñecer o voso traballo. Agarimo, coidados, comprensión... son algunhas das palabras que vos definen a todas pero hoxe, 15 de maio de 2020, máis que nunca dades significado á palabra compromiso.

Dende as vosas casas estades a facer unha labor moi importante ou máis ben imprescindible nestes momentos. Moitas grazas a todas vós por todo o esforzo que estades a realizar e o empeño que poñedes en cada un dos retos 💓

Non importa se as familias son monoparentais, con dous papás, dúas mamás, se vivides cos avós e avoas... o importante é ser felices e non hai mellor lugar para selo que a nosa familia 💗

Ahhh!! No blog da biblioteca (https://equipobibliosaluis.blogspot.com/2020/05/letras-galegas-2020-parte-iii-e-dia-da.html) tedes outro vídeo onde aparecen tamén os peques.

--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Agora, deixámosvos uns contos para esta fin de semana e, como non podía ser doutro xeito, tratan sobre a familia. Van por vós 🌈

Un papá a la medida

Malina pies fríos

Nicolás tiene dos papás

Biquiños e boa fin de semana 😘😘😘

Ningún comentario:

Publicar un comentario