martes, 19 de maio de 2020

RETO MARTES 19 DE MAIO DE 2020

Bo día!! Bo martes!! Como presta erguerse con este soliño, verdade? 🌞 Ademais vaille moi ben a todas as plantas da horta, sen esquecerse de regar, claro! 💦💧 Hoxe vimos presentarvos o cartel 5, onde veredes que hai unha hortiña moi fermosa feita de plastilina.


Fixástesvos que tamén aparece un colexio? É o Colexio Fingoi de Lugo onde don Ricardo dou clase. Entre outras cousas, foi profe igual ca nós.

Que máis hai no cartel que vos gustara? Seguro que o porquiño e as pitas, non? As pitas teñen o seu sentido no libro As pitas baixo a choiva que escribiu este autor, así que imosvos propoñer unha manualidade 😊 Animádesvos?

Velaquí tedes algunhas ideas de como podedes facer unha pita. Lembrade que unha pita é unha galiña nova 🐔





Estamos desexando ver as fotos das vosas pitiñas 📷📷 Crearemos no blog un galiñeiro virtual 🐔🐔🐔🐔


Agora deixámosvos unha actividade da guía didáctica titulada Recordando Carvalho Calero. Estas propostas estaban pensadas para facer no cole así que imos adaptalas:
  • Na primeira parte di "rodea" pero non é necesario que imprimades nada para facelo, dicídelle a resposta á vosa familia de forma oral.
  • Na segunda actividade (a que se atopa debaixo do cadro) imos facer o seguinte:
    • Escribir dous títulos cambiando as pitas por outro animal.
    • Escribir outros dous títulos diferentes cambiando "baixo a choiva" por outra frase referida ao tempo.
    • A pequena historia que se pide que contedes, facédea só cun dos títulos. Ídella dicindo á vosa familia e ela que vola escriba para enviárnola. Outra opción é que nola contedes de forma oral a través dun vídeo ou un audio. Será moi creativo 😍



Ánimo peques!! Resultaravos doado 💪💪 Se tedes curiosidade por saber de que trata o conto, deixámosvos este vídeo onde o contan as nenas e nenos de Educación Infantil do cole de Caión.

Ningún comentario:

Publicar un comentario