mércores, 13 de maio de 2020

RETO MÉRCORES 13 DE MAIO DE 2020

Bo día neniños e neniñas do San Luís!! 😊 Que tal estades? Saídes moito pasear?? Mirade, o 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas e este ano homenaxéase a Ricardo Carvalho Calero. É por isto que, ao longo de 10 días, imos darlle repouso aos retos que viñamos propoñendo ata agora para traballar sobre este autor. Que vos parece??

Imos facelo do seguinte xeito. Cada día presentarémosvos un dos carteis da exposición coa que gañamos o Concurso-Exposición Letras Galegas 2020. Pinchando neles poderedes acceder a un vídeo sobre o texto lido do cartel correspondente. Ademais propoñerémosvos unha actividade sinxeliña da guía didáctica que elaboramos para a ocasión.

Estamos seguras de que vos gustará coñecer máis sobre este autor e empregar os carteis dos que o todo o alumnado do cole foi partícipe 😀😍 Se estades preparados, arrincamos!! 🚀

Velaquí tedes o cartel 1. Pinchando nel accederedes a un vídeo para escoitar a súa lectura.

Xa rematastes?? Pois ben, aí vai a primeira actividade.

Se non tedes pezas LEGO non vos preocupedes, seguro que tedes un montón de material na casa que vos servirá para esta actividade 😊 botade man de plastilina, garavanzos... ou o que se vos ocorra!! Quedarán unhas inicais moi creativas.

As iniciais son R C C. Se alguén quere traballar un pouquichiño máis podedes escribir algunha palabra que comece por cada unha desas letras.

Ánimo peques 💪💪


Ahh!! Antes de rematar, deixámosvos un vídeo onde podedes ver un posible final para o conto de onte. Pero todo hai que dicilo... os que pensastes vós, estaban xenial 💓💓

Ningún comentario:

Publicar un comentario