luns, 25 de maio de 2020

RETO LUNS 25 DE MAIO DE 2020

Bo luns!! Comeza unha nova semana 😀 Xa sabemos que con este soliño apetece estar fóra xogando pero... antes hai que traballar un chisquiño 💪💪 Non vos preocupedes, que non é moito 🙊

Imos co cartel 9 que fala sobre a obra de Ricardo Carvalho Calero.


Agora imos facer unhas actividades propostas polo Seminario Galán.

BUSCA AS 6 DIFERENZAS ENTRE ESTES DOUS DEBUXOS
Facédeo de forma oral e gravade un vídeo indicando cales son.


AS PARTES DO CORPO DUNHA PITA
Seguro que tedes ben gardadiña a pita que fixestes a semana pasada. Collédea que lle imos poñer nome ás súas partes do corpo.

PETEIRO            CRISTA            PLUMAXE            ÁS

Para os que tedes a pita debuxada, escribídelle estes nomes no lugar correspondente. Para os que a tedes en tres dimensións podedes facer unhas pequenas etiquetas coas palabras e pegarllas no lugar correspondente.

Nenas e nenos de 5 anos: Lembrades que fai uns días fixerades un taboleiro para asociar as letras maiúsculas coas minúsculas? Collédeo que o imos usar 😊 Ides formar coas letras minúsculas estas palabras: crista - plumaxe - ás.


CONTEO
Tedes que estar ben atentos para contar o número de vermes que hai de cada tipo. Non é necesario imprimir, simplemente escribide os números. Vale?


----------------------------------

Estes días fixemos un parón no tema dos animais para deixarlle a Ricardo Carvalho Calero o protagonismo que se merece. Pouco a pouco imos volver retomar esa temática 🐂🐄🐇🐈🐎🐏🐑🐓🐕🐖 xa que estamos a piques de rematar a viaxe polos dez carteis.

Hoxe antes de rematar queremos deixarvos este vídeo. Nel podedes ver como se esquilan as ovellas na casa da profe Vero 🐏🐑


Bo luns peques!! Estamos en contacto 😊 Xa sabedes que, se tedes algunha dúbida, só tedes que escribirnos 😊

Ningún comentario:

Publicar un comentario