luns, 18 de maio de 2020

RETO LUNS 18 DE MAIO DE 2020

Bo comezo de semana!! Que tal están os nosos peques?? E as familias?? Como sabedes, onte 17 de maio foi o gran día, o Día das Letras Galegas que, este ano, foi un tanto diferente.

Como xa sabedes, estamos a facer un repaso pola vida e obra de Ricardo Carvalho Calero empregando 10 carteis que distribuímos ao longo de 10 días. Hoxe é a quenda do cartel 4.


Agora que xa coñecedes o cartel e seguro vos fixastes na súa plástica, imos realizar unhas actividades de conteo. Estades preparados?? Pois... comezamos!! 🚀

📧 Cantas cartas vedes?

📷 Cantas fotos aparecen?

🍁 Cantas follas hai?


Agora só para as nenas e nenos de 4 e 5 anos. Apetécevos facer un circuíto de sumas? Para este xogo só precisades un dado e unha ficha, garavanzo ou o que teñades na casa para ir marcando a casiña onde caedes. Listos? Aló imos 😊 Recordade que, coma sempre, non é preciso imprimir nada.



----------------------------------------------------------------------------------

Estamos seguras de que rematastes nun periquete. Pois ben, agora prestade moita ATENCIÓN ⚠⚠ Lembrades os vídeos onde, tanto as mestras como os nenos e nenas, falaban das súas mascotas? E dicimos nós... como se chama a persoa que cura aos animais cando están pachuchiños?? Sabédelo non?

Mirade, fai uns días ocorréusenos a idea de falar cun veterinario para facer un vídeo co fin de que contestase as vosas inquedanzas sobre a profesión, curiosidades... Contactamos coa CLÍNICA VETERINARIA GRAN VÍA de aquí de Carballo que moi amablemente aceptaron a proposta 👏👏 Dende aquí, darlles as grazas por colaborar e por permitirlle aos nosos peques coñecer un pouco máis sobre a súa profesión.


Agora vén o voso traballo. Tedes que gravar un vídeo curto ou un audio onde lle preguntedes algo ao veterinario. As preguntas poden ser sobre a súa profesión, algunha curiosidade que queirades saber sobre algún animaliño... pero ollo 👀 os animais que eles atenden son domésticos!! Pola súa clínica non pasan dinosauros, nin tigres, nin leóns... 😂

Algunhas das preguntas poden ser:
  • Que animais atendedes na vosa clínica?
  • Cal foi o animal máis perigoso que atendestes?
  • Que utensilios empregades para operar un gatiño?
  • Ou calquera outra que se vos ocorra. Pensádeas en familia 💭 Tedes dende hoxe ata o mércores ao mediodía para enviarnos os vosos vídeos/audios.

👉Se queredes facerlle varias preguntas, gravade cada unha delas nun vídeo/audio independente👈

Cos vosos vídeos e as respostas do veterinario/a, faremos unha montaxe que, dentro duns días, publicaremos no blog. Seguro que resulta unha experiencia xenial 😍

Agardamos moitos vídeos/audios 📷📷 para aproveitar ao máximo esta experiencia compartida coa Clínica Veterinaria Gran Vía. Ánimo 💪💪

Ningún comentario:

Publicar un comentario