xoves, 21 de maio de 2020

RETO XOVES 21 DE MAIO DE 2020

Bo día!! Hoxe é xoves, o cuarto día da semana 😊 Lembraredes os días da semana, non? Por si acaso ímoslle dar un repasiño ao ritmo desta canción:


E agora para animar este día tan solleiro, aquí tedes unha canción que vos gusta moito 🌞



Agora que xa espertamos con este par de cancións, é o momento de traballar un pouquiño. Comezamos por observar e escoitar a lectura do cartel 7.


Sabedes que edificio é o que aparece ao fondo? É a catedral de Santiago de Compostela. Coñecédela? Deixámosvos un quebracabezas sobre ela para que o fagades. Premede na seguinte imaxe para acceder a el e seleccionade o número de pezas. Listo para xogar!!


Agora imos facer unha tarefiña de lectoescritura e conteo. Será sinxela para vós 💪💪💪 Traballaremos sobre a horta dun dos carteis que xa coñecedes.


Para as nenas e nenos de 3 anos
Nesta hortiña aparecen diferentes cultivos. Escribídelle, en maiúscula, o seu nome nun folio/libreta.

CENORIAS      LEITUGAS      TOMATES      COLIFLOR      CABAZA      BERENXENA

⏩ Localizade determinadas letras: A, E, I, O, U, T, R, S. Podedes colorealas de cores diferentes.

⏩ Contade cantos cultivos hai de cada tipo.


Para as nenas e nenos de 4 e 5 anos
Nesta hortiña aparecen diferentes cultivos. Fixádevos ben e...

⏩ Escribide o nome de cada un deles.

⏩ Contade cantos cultivos hai de cada tipo e escribide o número correspondente ao carón do seu nome.



E isto é todo por hoxe, xa bo foi 🙊 Mañá máis!! Biquiños 😘😘😘 Botámosvos de menos!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario