mércores, 27 de maio de 2020

RETO MÉRCORES 27 DE MAIO DE 2020

Bo mércores a todos e a todas!! Que tal estades? Como xa rematamos co material das Letras Galegas, imos retomar o tema dos animais. Apetécevos? 🐂🐄🐇🐎🐑🐓

Lembrades o vídeo de como se esquilan as ovellas?? Por se non o vistes o luns, deixámosvolo de novo, vale?



Agora que xa o vistes, imos ordenar o proceso de esquilar as ovellas. As fotos que vos amosamos a continuación están desordenadas!! Seredes quen de dicir en que orde ocorren?



Os nenos e nenas de 3 anos podedes gravar un vídeo dicindo cal é a súa orde.

Os nenos de 4 e 5 anos, podedes escribir, en orde, unha frase correspondente a cada imaxe, explicando o motivo polo que pensades que temporalmente ocorren así.


Velaquí tedes un cadro de Álex Colville onde aparecen unhas ovellas. Imos poñer en marcha o noso enxeño matemático. Observádeo con detemento e respondede ás preguntas que aparecen abaixo:


🐑 Cantas ovellas aparecen?
🐑 Cantas orellas ten cada ovella?
🐑 Se cada ovella ten dúas orellas e hai 3 ovellas, cantas orellas hai en total?
🐑 Cantas patas ten cada ovella?
🐑 Se cada ovella ten 4 patas e hai 3 ovellas, cantas patas teñen en total?
🐑 Conta os rabos das 3 ovellas. Cantos hai en total?


Agora para rematar, ides debuxar dúas ovellas. Sabedes como o ides facer?? De dúas formas distintas: unha das ovellas ides facela co lapis na boca e outra co lapis no pe. Animádesvos??

Cosas De Niños Niña Intentando Dibujar Con Lápiz En La Boca Foto ...

Seguro que quedan unhas ovellas moi graciosas 😂😂 Animádevos e mandádenos fotos 📷📷

Ningún comentario:

Publicar un comentario