martes, 12 de maio de 2020

RETO MARTES 12 DE MAIO DE 2020

Bo martes peques!! Que tal andamos hoxe? Estades preparados para un novo reto?? Se estamos listos en 3... 2... 1... Comezamos!! ✈️ Hoxe a cousa vai de lectoescritura, son dúas tarefas. Non vos asustedes, son sinxeliñas 😊

PRIMEIRA TAREFA: ESCRITURA CREATIVA
O primeiro que tedes que facer é mirar o booktrailer do libro ¡Ya llegó! de Hervé Tullet. Velaquí o tedes:

 

Como observariades, non se sabe como remata o conto 🙊🙊 así que precisamos da vosa axuda. Debedes escribir e ilustrar o final. Esta é unha proposta de creatividade e imaxinación así que todas as solucións son válidas. Ánimo peques 💪💪 estamos agardando ver como rematades o conto 😊


SEGUNDA TAREFA: XOGO DA OCA
Seguro que xa estades cansos, así que deixámosvos unha canción titulada "En la granja de Pepito". Fixádevos ben no son de cada animaliño 😊


Agora, imos xogar á Oca. As regras son as seguintes. Tirades un dado, avanzades tantos pasos como número saia no dado e facedes o que vos indique a casilla. Se caedes no debuxo dun animal faredes o seu son e se caedes encima do nome dun compañeiro/a, diredes de quen é. Entendido? Pois aí vos deixamos as ocas que son diferentes para as 3 clases.

Por certo, para xogar non precisades imprimir, podedes xogar con ela na pantalla 😀

Oca para os nenos e nenas de 3 anos

Oca para os nenos e nenas de 4 anos

Oca para os nenos e nenas de 5 anos

Biquiños 😘😘😘

Ningún comentario:

Publicar un comentario