venres, 8 de maio de 2020

RETO VENRES 8 DE MAIO DE 2020

Bo día peques!! Xa estamos a venres, agora veñen por diante dous días para descansar 😊 Agardamos que esteades ben e que botedes un chisquiño de menos aos compañeiros/as e profes 🙈🙊 Nós estamos desexando vervos 😍

Hoxe traémosvos unha proposta que durará varios días pois trátase de observar como xermina unha semente. Hoxe poderedes plantala e, pouco a pouco, iredes observando como medra. Podedes sacarlle unha foto cada día para ver os cambios que se van producindo 😀

Necesitades:
  • Sementes: lentellas, fabas, garavanzos...
  • Terra. Se non tedes non vos preocupedes, substituímola por algodón.
  • Unha bolsa transparente.
  • Cinta adhesiva.
  • Auga.

Que tedes que facer?

1. Collede a bolsa de plástico e enchédea de terra. Botade unha cantidade suficiente como para cubrir as sementes que poñamos nela. Se non tedes terra non vos preocupedes, botade na bolsa un pouco de algodón.

2. Unha vez botades na bolsa a terra/algodón, introducide as sementes e humedece a terra cun pouco de auga.

3. Para rematar, pechade a bolsa e colgádea nunha ventá na que dea o sol.


Agora toca agardar!! Lembrade observar cada día o que vai pasando. Tamén estaría moi interesante que lle sacásedes unha foto cada día para ver os cambios 📷

Dentro da bolsa producirase un microclima que manterá a humidade da terra e fará que xerminen e broten as plantas. Ao estar en bolsas transparentes, podedes observar en todo momento como lle saen as raíces e como xorde o brote ata que finalmente medra a planta. Unha vez medre podédela transplantar nunha maceta ou vaso de iogur🌴🌵. 
Podedes enviarnos un vídeo de como plantades a semente, explicándonos o que facedes, e algunha fotiño cada día para ver como medran as vosas plantas 😊 Xa nos ides contando que partes da planta ides vendo: follas, raices, talo...

Hoxe como é venres, tocaría empréstito de libros para a fin de semana. Neste caso vai ser un pouco especial pois as profes ímosvos contar uns contos. Estades preparados??? Aló imos, agardamos que vos gusten 😊
Chibos chibóns

O libro dos Porcos

Dona Carme
Biquiños e boa fin de semana 😘😘😘

Ningún comentario:

Publicar un comentario