mércores, 20 de maio de 2020

RETO MÉRCORES 20 DE MAIO DE 2020

Arriba arriba!! 👦👧👨👩 xa chegamos á metade da semana. Que tal estades todos/as?? Agardamos que ben 😊 con este sol, un levántase moito máis animado 😀😍

Estades preparados/as para coñecer o cartel 6? Hoxe é a súa quenda.


Agora que xa escoitastes a súa lectura, imos traballar un pouquiño. Hoxe imos facer acrósticos pois neste cartel aparece un feito a partir das iniciais de "Real Academia Galega", da que don Ricardo foi membro.



Para as nenas e nenos de 3 anos
Dicídelle oralmente ás vosas familias, unha palabra que comece por cada unha desas letras (R A G). Se vos apetece podedes gravar un vídeo ou audio para enviarnos, estaremos encantadas de escoitarvos 😍

Para as nenas e nenos de 4 anos
Imos refacer o acróstico coas letras R A G. No voso caso tedes que escribilo. Facédeo como aparece na imaxe.

Listos? Veña, será doado 💪

Para as nenas e nenos de 5 anos
Imos refacer o acróstico coas letras R A G. No voso caso tedes que escribilo. Facédeo como aparece na imaxe.

A maiores, ides facer un novo acróstico co voso nome. Preparados/as? A por el, que é faciliño 💪

------------------------------------------------------

Agora para todos/as os/as peques de infantil. Recoñecedes a persoa que aparece arriba á esquerda? Sii!! É Rosalía de Castro. Sóavos non? No cole escoitamos algúns dos seus poemas e incluso a temos debuxada no pavillón do cole 😀 Velaquí tedes un recordiño dese recuncho.


Don Ricardo consideraba que Rosalía de Castro era a figura de referencia das nosas letras, así que non podemos deixar pasar a ocasión sen achegarvos un dos seus poemas. Neste caso é o titulado "Adiós ríos, adiós fontes" e está cantado por Amancio Prada.


------------------------------------------------------

Recordade que tedes ata hoxe ao mediodía para enviarnos os vídeos coas vosas preguntas para o veterinario 😊 Se non lembrades que había que facer, consultade a entrada do luns: http://ospequesdesanluis.blogspot.com/2020/05/reto-luns-18-de-maio-de-2020.html

Biquiños 😘😘😘😘

Ningún comentario:

Publicar un comentario