xoves, 7 de maio de 2020

RETO XOVES 7 DE MAIO DE 2020

Bo xoves!! Xa só falta un día para rematar esta semana. Imaxinamos que, a medida que pasan os días, estades máis cansos así que hoxe traémosvos uns xogos e unha proposta de relaxación. Ímosvos explicar 😊

Proposta de soplo
Precisades:
  • Un pouco de plastilina para trazar o percorrido. Se non tedes, non vos preocupedes, podedes facelo cun cordón.
  • Unha palliña.
  • Unha pelotiña pouco pesada tipo ping-pong ou unha bóla que fagades con papel de aluminio.

Que tedes que facer?
Trazade o percorrido polo que queredes que pase a "pelota". Situádea no inicio e soprádelle cunha palliña para chegar ao final. Deixámosvos unha imaxe que vos axudará a entender esta explicación.


Xogo psicomotor
Facede un circuíto deste estilo. Empregade folios e facede as pegadas debuxándoas ou, se tedes pintura de dedos, podedes pintarlle os pés aos peques e plasmar a súa pegada. A continuación, deben realizar o circuíto. Ollo!! Andade con coidado, non vos manquedes 😊


Sesión de relaxación
Agora que xa movestes o voso corpiño, é momento de relaxarse e volver á calma. Deixámosvos un vídeo de ioga coas posturas dos animais.


Podedes animar á vosa familia a que o fagan, é unha actividade moi boa para fortalecer os músculos.


Biquiños 😘😘 coma sempre, estamos en contacto diario!! 😀 Agardamos ver fotos e vídeos 📷📷

Ningún comentario:

Publicar un comentario